Recadación
14/02/2016
A Mancomunidade de Verín terá un 22% máis de presuposto para este ano
10/03/2016
Amosalo todo

A Mancomunidade deseña un plan de formación para desempregados

O alcalde de Monterrei e presidente da Mancomunidade de Municipios da Comarca de Verín, José Luis Suárez Martínez, recentemente convocou ós xefes de varios Concellos para discutir unha proposta dirixida ao Departamento de Industria, para acceder á liña de axudas contempladas no programa integrado de emprego.

A Mancomunidade fará unha proposta para optar ao financiamento dos recursos necesarios para formar un mínimo de 60 desempregados, con un compromiso final de contratación dun 30% das persoas inscritas.

Este plan de formación foi inicialmente solicitado no Concello de Monterrei. Sen embargo, segundo sinalou José Luis Suárez, foi o propio conselleiro de Industria, Francisco Conde, que nunha reunión recente o convidou a que o ampliase a tódolos municipios que integran a Mancomunidade.
Este programa está dirixido a persoas desempregadas que están dispostas a mellorar os seus coñecementos en catro sectores estratéxicos para a rexión de Monterrei, como son as industrias de viño, téxtil, cárnicas e forestais.

José Luís Suárez asegura que, “concretamente o primeiro deles, referido á viticultura, existe unha inquietude que me trasladan moitos bodegueiros con respecto a carencia de formación adecuada para o desempeño das súas funcións”.