O Servizo de Orientación da Mancomunidade de Municipios da Comarca de Verín colaborou este mes de Marzo nas xornadas de orientación que se están a celebrar no I.E.S García Barbón de Verín.

A crise económica da que todos vimos falando e sufrindo os últimos tempos, causou unha conmoción que seguiremos a sufrir os próximos anos. Afectou de forma considerable ás empresas, incrementou o risco social e tamén afectou as perspectivas de emprego, dificultando o acceso e mellora da empregabilidade de moitas persoas.

Os máis afectados foron os xoves, que rexistraron no noso pais o porcentaxe de desemprego máis elevado de toda Europa. Tamén se notificou un incremento do abandono escolar, e unha desproporcionada cantidade de xoves denominados “Ni-Nis” (que non estudan nin traballan). Existe un descenso de persoas involucradas en carreiras en ciencia, tecnoloxía, matemática e outras disciplinas que fomentan a innovación e o avance do coñecemento na nosa sociedade.

O I.E.S García Barbón está a desenvolver un proxecto moi interesante denominado “Constrúe o teu Futuro” orientando aos seus alumnos para o seu futuro profesional.

Na Mancomunidade de Municipios da Comarca de Verín contamos con un Servizo de Orientación que pretende aportar un gran de area na mellora da educación, formación e o mercado laboral na nosa comunidade. Consideramos que o asesoramento e a información profesional desempeña un papel cada vez máis importante, no desenvolvemento de actitudes e competencias que as persoas precisan para o desenvolvemento da súa carreira profesional e o acceso ao mundo laboral.

Para nós foi unha gran experiencia e esperamos que a partir de agora os rapaces e rapazas da comarca non dubiden en acudir aos nosos centros de orientación para recibir o asesoramento que precisen.

Créditos da Fotografía IES Garcia Barbón

orientacion.laboral@mancoverin.es