A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, AMTEGA, convoca probas de avaliación de carácter libre para a obtención da certificación galega de competencias dixitais en ofimática.
O temario para a avaliación será o descrito no módulo formativo MF0233_2 Ofimática (190 horas), asociado á unidade de competencia UC0233_2, manexar aplicacións ofimáticas na xestión da información e da documentación, do Catálogo nacional de cualificacións.

Os temarios consisten no seguinte:
• Sistema operativo, busca da información: internet/intranet e correo electrónico.
• Aplicacións informáticas de tratamento de textos. LibreOffice Writer.
• Aplicacións informáticas de follas de cálculo. LibreOffice Calc.
• Aplicacións informáticas de bases de datos relacionais. LibreOffice Base.
• Aplicacións informáticas para presentacións: gráficas de información. LibreOffice Impress.

Para realizar a proba en Ourense, deberán anotarse antes do 23 de Marzo na seguinte dirección web

O exame será o Mércores, 27 de abril. Hai un total de 18 prazas convocadas (Resolución do 08 de marzo de 2016 (DOG nº 51))

Se teñen dúbidas acerca do temario, non dubiden en consultarnos.

orientacion.laboral@mancoverin.es