O pasado luns 14 de Marzo, o Servizo de Orientación da Mancomunidade de Municipios da Comarca de Verín colaborou nas xornadas de emprendemento e autoemprego promocionadas polo IES García de Barbón a estudantes de segundo curso de bacharelato.

Nestas xornadas tamén participaron outros expertos na área, expondo temáticas como a creatividade, a innovación, o desenvolvemento da carreira profesional, a importancia do descubrimento da vocación, procesos motivacionais e desenvolvemento da carreira profesional así como as principais técnicas para converter as ideas en proxectos empresariais interesantes e necesarios na nosa comarca.

Na xornada empregáronse técnicas de educación non formal, visualización de vídeos e participación activa cos mozos e mozas estudantes de bacharelato.
Para nós foi unha gran experiencia e esperamos que os estudantes da comarca non dubiden en acudir a nós se precisan axuda ou asesoramento. Estaremos encantados de poder axudarlles.

Para máis información: web IES García Barbón, Rede de Apoio 

orientacion.laboral@mancoverin.es