A Consellería de Cultura e Educación convoca probas de acceso a ciclos formativos de grao medio para o ano 2016.

¿Quén pode participar?

Poderán participar na proba de acceso aos ciclos formativos de grao medio as persoas que non cumpran os requisitos académicos exixidos para acceder a eles e teñan dezasete anos ou os fagan no ano natural de realización da proba.

¿Cándo?

O prazo de presentación estará abranguido entre os días 4 e 15 de abril de 2016, ambos os dous incluídos.

¿Cómo se debe formular a solicitude?

Mediante o formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia (procedemento ED312C).

¿Cándo será o exame?

O 25 de Maio.

¿Existen adaptacións para as persoas que acrediten discapacidade física ou psíquica?

As persoas con necesidades específicas derivadas de alteracións físicas, psíquicas ou sensoriais cun grao de discapacidade igual ou superior ao 33 % poderán solicitar as medidas ou os recursos adicionais necesarios para desenvolveren a proba de acceso

¿En qué consiste a proba?

  1. a) Parte sociolingüística:

– Lingua castelá.

– Lingua galega.

– Ciencias sociais.

  1. b) Parte matemática:

– Matemáticas.

  1. c) Parte científico-técnica:

– Ciencias da natureza.

– Tecnoloxía

¿En qué consisten os materiais didácticos?

Os materiais constan dunha programación para a parte científico-tecnolóxica da proba e doutras tres programacións para as materias que compoñen a parte sociocultural da proba (Xeografía, historia e ciencias sociais, Lingua galega e literatura, e Lingua castelá e literatura).

 

TITULACIÓNS ÁS QUE PERMITE ACCESO NA COMARCA DE VERÍN:

I.E.S GARCÍA BARBÓN:

  1. Coidados Auxiliares de Enfermaría
  2. Electromecánica de Vehículos Automóbiles
  3. Mantemento Electromecánico
  4. Xestión Administrativa

OUTROS:

  1. Certificados de Profesionalidade de Nivel II

 

Se teñen dúbidas con respecto ás probas, non dubiden en consultarnos.

Na Mancomunidade dispomos de material didáctico doutras convocatorias.

orientacion.laboral@mancoverin.es