SUBVENCIÓN A ESTABLECEMENTOS DE TURISMO RURAL

 Subvencións a establecementos de turismo rural, establecementos hoteleiros, apartamentos e vivendas turísticas, campamentos de turismo, axencias de viaxes, cafetarías, bares, restaurantes e empresas de servizos turísticos complementarios, nos procesos de certificación, seguimento e renovación das correspondentes normas UNE co obxecto da obtención e/ou mantemento da marca Q de Calidade Turística do Instituto para a Calidade Turística Española (ICTE), e se procede á súa convocatoria para o ano 2016.

Información aos interesados

Sobre este procedemento administrativo poderase obter documentación normalizada ou información adicional na Axencia Turismo de Galicia, a través dos seguintes medios

a) Páxina web oficial da Axencia Turismo de Galicia: http://www.turismo.ga

b) Os teléfonos 981 54 74 04 e 981 54 63 64 e o fax 981 54 63 71 da devandita axencia

c) Enderezo electrónico xerencia.turismo@xunta.e

Consulten no DOG aquí 

 

SUBVENCIÓNS A PROXECTOS DE INVESTIMENTOS EN ACTIVIDADES NON AGRÍCOLAS

O fin desta subvención é fomentar a diversificación económica, o equilibrio territorial e a sustentabilidade do medio rural, tanto en termos sociais como económicos.

Neste sentido, enténdese necesario fomentar a competitividade das explotacións agrarias cara a actividades non agrícolas, apoiando a procura de novas liñas de negocio que complementen a renda agraria, de forma que se reduza a estacionalidade e se aumente a independencia do sector. Por outra banda, debe fomentarse a creación e desenvolvemento de pequenas empresas non agrícolas, que conforman un elemento substancial da economía rural, canalizando o apoio cara ao fomento do emprego e á creación de postos de traballo de calidade, como unha oportunidade de asentar poboación e aumentar a competitividade das zonas rurais.

Os beneficiarios serán:

  • As pequenas empresas.
  • Persoas físicas que residan nunha zona rural.
  • Titulares ou membros dunha unidade familiar dunha explotación agraria que diversifiquen as súas actividades en ámbitos non agrícolas e que desenvolvan o seu proxecto na propia explotación.
  • Non se concederán axudas a empresas en crise, as empresas que estean suxeitas a unha orde de recuperación de axudas como consecuencia dunha decisión previa da Comisión Europea que as declare ilegais e incompatibles co mercado común e as empresas que operan no sector da pesca e da acuicultura.

Proxectos subvencionables:

Os proxectos destinados á creación, ampliación e/ou modernización de pequenas empresas que desenvolven actividades non agrarias nos seguintes sectores e ámbitos de actividade:

  1. Industrias, fábricas e locais destinados á produción de bens e materiais.
  2. Transformación e/ou comercialización de produtos agrarios.
  3. Prestación de servizos en calquera sector económico, con exclusión das empresas de servizos de maquinaria agrícola e forestal e das empresas de servizos enerxéticos.
  4. Prestación de servizos sociais (gardarías, coidado de anciáns, de persoas con discapacidade, granxas-escola…).
  5. Actividades de lecer, recreativas e deportivas.
  6. Artesanía e actividades artesanais.
  7. Actividades baseadas nas novas TIC, innovación tecnolóxica e comercio electrónico.
  8. Actividades nos sectores da enxeñaría, arquitectura, servizos técnicos, limpeza industrial e veterinaria.
  9. No sector da restauración turística:
    1. Creación de novos restaurantes situados en construcións patrimoniais senlleiras (pazos, muíños, patrimonio industrial, pallozas, faros…) e que vaian ofertar unha cociña baseada na gastronomía galega tradicional ou que con ese substrato propoñan técnicas innovadoras ou fusións con outras gastronomías do mundo.
    2. Investimentos destinados a mellorar as condicións de accesibilidade e supresión de barreiras arquitectónicas dos establecementos de restauración xa existentes.

Exclúense as actuacións en bares e cafetarías.

  1. Actividade turística de aloxamento.

Consulten no DOG aquí 

 

AXUDAS Á NOVA PARTICIPACIÓN DE AGRICULTORES EN RÉXIMES DE CALIDADE

Galicia conta cunha moi ampla oferta gastronómica, de excepcional calidade, froito da transmisión de xeración en xeración do saber facer tradicional e da existencia dunhas materias primas de gran valor culinario. Para a protección destes produtos típicos dun territorio e a súa promoción foron creadas as denominacións de orixe e as indicacións xeográficas protexidas.

O establecemento dunha denominación de calidade nunha zona pode considerarse como unha oportunidade que se abre para dar viabilidade a certos tipos de producións agroalimentarias, permitindo o desenvolvemento ou a consolidación da agricultura e a agroindustria da zona e facilitando a xeración de riqueza e dinamismo social nela.

Poderán ser beneficiarios destas axudas os agricultores que participen por primeira vez nalgún dos réximes de calidade dos produtos agroalimentarios recollidos no Programa de Desenvolvemento Rural (PDR) de Galicia 2014-2020.

No caso do programa de calidade relativo á produción ecolóxica, tamén terá a consideración de nova participación aquela que se refira a agricultores que, tendo previamente actividade no dito programa, inicien a actividade de produción ecolóxica con destino ao mercado en relación con algunha nova orientación produtiva.

Consulten no DOG aquí 

Para máis información non dubiden en consultarnos

adl@mancoverin.es