Dende a Mancomunidade informamos das últimas subvencións para empresas e organizacions inmersas en áreas de voluntariado, transporte e agricultura.

  1. SUBVENCIÓNS PARA ENTIDADES DE ACCIÓN VOLUNTARIA DE CARÁCTER PRIVADO PARA O FOMENTO E A REALIZACIÓN  DE VOLUNTARIADO

 

Serán subvencionables os programas e actuacións presentados polas entidades de carácter privado sen ánimo de lucro, sempre que desenvolvan proxectos de acción voluntaria e que se realicen no ámbito territorial da Comunidade Autónoma de Galicia, nalgunha das seguintes áreas:

  1. a) Área de sensibilización: Trátase de fomentar o voluntariado a través de actividades de sensibilización como:

–       Desenvolvemento de xornadas, seminarios, charlas e actividades dirixidas a dar a coñecer a realidade das entidades de acción voluntaria, así como á promoción e captación de voluntariado.

–       Realización de campañas que fomenten a sensibilización da sociedade galega cara ao voluntariado e ás súas organizacións.

–       Estudos encamiñados a coñecer a realidade do voluntariado galego nos seus diferentes niveis de actuación.

  1. b) Área de formación: persegue unha modernización e adaptación permanente das entidades de acción voluntaria á realidade social a través destas liñas fundamentais:

–       Formación de persoas responsables de voluntariado e das persoas voluntarias.

–       Fomento e incorporación de novas tecnoloxías dentro das entidades como, por exemplo, o deseño e o mantemento de páxinas web.

  1. c) Área de coordinación: as accións fomentarán o traballo en rede e a coordinación entre as diferentes entidades incorporando de xeito transversal as actuacións desenvolvidas nos diferentes eidos do voluntariado.

Para máis infomación prema aquí

2. AXUDAS PARA A FORMACIÓN NO ÁMBITO DO TRANSPORTE POR ESTRADA

A Consellería de Infraestruturas e Vivenda, nunha aposta decidida pola mellora da calidade do servizo público de transporte, ten consolidada unha liña de subvencións orientada a mellorar as capacidades profesionais e as habelencias técnicas do persoal que opera no sector. As distintas convocatorias, a última das cales se realizou pola Orde do 10 de xuño de 2015 (Diario Oficial de Galicia núm. 117, do 23 de xuño), posibilitaron o desenvolvemento na nosa comunidade duns completos programas de formación, deseñados polas asociacións profesionais integradas no Comité Galego de Transporte por Estrada, que tiveron a súa tradución nun sector máis preparado e, polo tanto, máis competitivo.

O obxecto destas subvencións é facilitar a realización de cursos de interese público para o colectivo do transporte en Galicia. Poderán ser beneficiarias das axudas as asociacións profesionais de transportistas ou de empresarios de actividades auxiliares ou complementarias do transporte, ou as federacións destas.

Para máis información, prema aquí

3. AXUDAS Á NOVA PARTICIPACIÓN DE AGRICULTORES EN RÉXIMES DE CALIDAD

Galicia conta cunha moi ampla oferta gastronómica, de excepcional calidade, froito da transmisión de xeración en xeración do saber facer tradicional e da existencia dunhas materias primas de gran valor culinario. Para a protección destes produtos típicos dun territorio e a súa promoción foron creadas as denominacións de orixe e as indicacións xeográficas protexidas.

O establecemento dunha denominación de calidade nunha zona pode considerarse como unha oportunidade que se abre para dar viabilidade a certos tipos de producións agroalimentarias, permitindo o desenvolvemento ou a consolidación da agricultura e a agroindustria da zona e facilitando a xeración de riqueza e dinamismo social nela.

Poderán ser beneficiarios destas axudas os agricultores que participen por primeira vez nalgún dos réximes de calidade dos produtos agroalimentarios recollidos no Programa de Desenvolvemento Rural (PDR) de Galicia 2014-2020.

No caso do programa de calidade relativo á produción ecolóxica, tamén terá a consideración de nova participación aquela que se refira a agricultores que, tendo previamente actividade no dito programa, inicien a actividade de produción ecolóxica con destino ao mercado en relación con algunha nova orientación productiva

Para máis información, prema aqui