A finalidade deste programa é promover e axudar a financiar aqueles proxectos empresariais cunha viabilidade económica e financeira que facilitan a creación do seu propio posto de traballo ás persoas novas desempregadas que figuren inscritas no Sistema nacional de garantía xuvenil como interesadas en recibir as accións executadas no contexto da garantía xuvenil e que pretendan desenvolver a súa actividade empresarial ou profesional en Galicia como persoas traballadoras autónomas ou por conta propia.

Beneficiarios potenciáis
Poderán ser beneficiarias das axudas deste programa as persoas novas inscritas no Sistema nacional de garantía xuvenil que procedan á creación do seu propio posto de traballo mediante a súa constitución en persoas traballadoras autónomas ou por conta propia, e que desenvolvan fundamentalmente a súa actividade empresarial ou profesional en Galicia.

As contías da subvención son as seguintes:

A. 7.500 euros persoa moza.
B. 8.000 euros, muller.
B. 10.000 euros cando a persoa beneficiaria sexa una persoa nova con discapacidade ou pertencente a algún colectivo en risco ou situación de exclusión social.

O prazo de presentación finaliza o 30 de setembro de 2016
Información
Consellería de Política Social – Teléfono: 981545625 / 981957590 / 981957729
Orde do 29 de decembro de 2015 (DOG Nº248 do 30/12/2015) – Bases e convocatoria 2016