O Servizo de Atención Temperá da Mancomunidade de Verín presenta o seu traballo no III Congreso de Psicoloxía Profesional de Galicia «Os camiños da Psicoloxía», organizado polo Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia.

Luisa M. Cid Dominguez, psicóloga responsable do Servizo de Atención Temperá nos Servizos Sociais Comunitarios da Mancomunidade de Municipios da Comarca de Verín, presentou o programa de actividades que se veñen desenvolvendo na entidade durante os últimos anos. Fíxose especial fincapé na importancia do rol do psicólogo nos equipos de atención temperá, así como a necesidade de proximidade e sectorización na organización dos mesmos.
A continuación poderán acceder a presentación de contidos que tivo lugar en dito congreso.

Prema o seguinte enlace: SERVIZOS DE ATENCIÓN TEMPERÁ NOS SERVIZOS SOCIAIS COMUNITARIOS

Páxina web do congreso: https://iiicongresodepsicoloxia.copgalicia.gal/

Se precisa de máis información non dubide en consultarnos

Dirección: Galerías Porta de Madrid 32600 Verín

Teléfono: 988.41.20.48

Correo electrónico: a.tempera.verin@gmail.com