Estas axudas están destinadas o establecemento de sistemas agroforestais, para o fomento de plantacións de castiñeiro para froito en réxime de concorrencia competitiva.
Serán elixibles as actuacións localizadas en Galicia, a excepción das parroquias densamente poboadas dos grandes concellos de Galicia, e con exclusión:
– Dos bosques ou superficies forestais que sexan propiedade da Administración Central, autonómica ou propiedade da coroa.
– Dos bosques que pertenzan a empresas públicas.
– Dos bosques propiedade de persoas xurídicas cando polo menos o 50% do seu capital pertenza a algunha das institucións anteriormente citadas.
Estas axudas tramitaranse ao abeiro do Programa de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020 aprobado pola Decisión de execución da Comisión do 18 de novembro de 2015.
Beneficiarios
As sociedades de fomento forestal, os propietarios particulares de forma individual, as sociedades ou agrupacións de propietarios particulares legalmente constituídas e inscritas no Rexistro de Asociacións da Xunta de Galicia, as cooperativas agrarias, os pro-indivisos, os de varas, abertais, de voces, de vocerío e fabeo, as comunidades de bens, as entidades locais, outras persoas xurídicas ou as comunidades de montes veciñais en man común.
Serán as persoas físicas ou xurídicas que sexan titulares dos terreos obxecto da axuda, entendendo por titulares tanto a propietarios como arrendatarios ou xestores. Non se admite a cesión por parte do propietario do terreo a un terceiro.
Non porderán ser beneficiarias aquelas empresas que entren dentro da categoría de empresas en crise, de acordó coa definición do artigo 2, número 18 do Regulamento (UE) nº651/2014.

Ver anuncio