Programa EMEGA para mulleres emprendedoras
01/07/2016
Últimas novas en formación
04/07/2016
Amosalo todo

Programa de terapia na auga con nenos/as con dificultades motoras e sensoriais en Verín

O Servizo de atención temperá da Mancomunidade de Municipios da Comarca de Verín e o Concello de Verín asinan un convenio para levar a cabo un programa de terapia na auga con nenos/as con dificultades motoras e/ou sensoriais

Este programa iniciarase no mes de outubro e será o equipo de Atención temperá, o que proporá ós nenos /as que poden beneficiarse do mesmo, una vez valorado cada caso.

    A actividade acuática temperá é moi beneficiosa, porque fortalece a musculatura do neno,favorece a relaxación e o control da respiración. Se esa actividade, ademáis, se realiza coa participación do pai ou a nai do/da neno/a , é moito máis motivadora e fortalece o vínculo entre eles.

Para máis información non dubiden en consultarnos ou ben na oficina central da Mancomunidade ou en Servizos Sociais.

Servizos sociais da Mancomunidade de Municipios da Comarca de Verín

Dirección: Galerías Porta de Madrid 32600 Verín

Teléfono: 988.41.20.48

Correo electrónico: a.tempera.verin@gmail.com