O programa Emega para o fomento do emprendemento femenino en Galicia,  comprende un conxunto de axudas dirixidas a apoiar a posta en marcha (liña Emprende e ITEF), a mellora (liña Innova) e a reactivación (liña Activa) de iniciativas empresariais constituídas por mulleres, incentivando a creación de emprego por conta propia e allea para mulleres; xunto con medidas complementarias para favorecer a conciliación da vida persoal, familiar e laboral (axuda complementaria Concilia); así como facilitar o acceso a servizos específicos de acompañamento, asesoramento e titorización co obxecto de facilitar a implantación e consolidación dos seus proxectos empresariais.

Estas axudas están cofinanciadas polo Fondo Social Europeo nunha porcentaxe do 80%, a través do programa operativo do FSE Galicia 2014-2020.

                Beneficiarias

As empresas privadas formadas por mulleres que inicien a súa actividade económica ou formalicen os seus plans Innova ou Activa no período comprendido entre o 1 de xaneiro e a data findo prazo depresentación de solicitudes.

Ver anuncio no DOG