Notas de corte para acceder ás Universidades Galegas
15/07/2016
«Deja tu huella contra la droga» Matamá 2016
20/07/2016
Amosalo todo

Programa de fomento e consolidación do emprego das pequenas empresas de nova creación

A finalidade deste programa é xerar emprego estable a persoas desempregadas, principalmente entre a mocidade. Os homes maiores de 45 anos r as mulleres, apoiando e dinamizando o desenvolvemento de novas iniciativas empresariais en Galicia, con especial atención aos concellos do rural galego.
A xestión deste programa realizase de acordo cos seguintes principios:
– Publicidade, concorrencia, obxectividade, transparencia, igualdade e non discriminación.
– Eficacia no cumprimento dos obxectivos fixados pola Consellería de Economía, Emprego e Industria.
– Eficiencia na asignación e na utilización dos recursos públicos.

Entidades beneficiarias
As empresas privadas, calquera que sexa a súa forma xurídica que adopten, agás as persoas físicas, comunidades de bens, sociedades civís, sociedades cooperativas e sociedades laborais e nas cqales concorran, na data do seu inicio de actividade, as seguintes circunstancias:
– Empresas de nova creación
– Que xeneren emprego estable a persoas desempregadas
– Que teñan o seu domicilio social, fiscal e o seu centro de traballo en Galicia
– Que sexan promovidas, como máximo, por cinco persoas e que entre os socios promotores non figure ninguna persoa xurídica.
– Que a empresa teña un capital máximo de 120.202 euros.
As empresas privadas que obtivesen a cualificación como iniciativa local de emmprego (ILE)
Tipos de axudas:
– Subvencións á xeración de emprego
– Subvencións para a formación
– Subvencións para o inicio da actividade
– Subvencións para a conciliación da vida persoal, laboral e familiar das persoas promotoras.

 

Para máis información preme no link