Incentivos ás iniciativas de emprego de base tecnolóxica
22/07/2016
Programa de incentivos á contratación de persoas paradas de longa duración
27/07/2016
Amosalo todo

Axudas ó fomento da utilización de instalacións e equipamento en común en réxime asociativo

A racionalización do uso dos factores de producción leva a acometer proxectos de carácter agropecuario de explotación conxunta polos socios de entidades asociativas e que teñan como obxectivo un marcado carácter innovador ou de introducción de novas tecnoloxías, así como de incorporación de novos procesos ou de obtención de novos productos que contribúan a diversificar a actividade principal das entidades ou a introducir actuacións de apoio complementarias á actividade dos socios, e que promovan o aumento da rendibilidade económica das explotacións agrogandeiras galegas e a mellora das condicións do traballo.

O obxecto ORDE do 6 de xullo pola que se establecen as bases reguladoras das axudas destinadas ao fomento da utilización de instalación e equipamentos en común en réxime asociativo, cofinanciadas co FEADER no marco do PDR de Galicia 2014-2020, e se convocan para o ano 2016, é establecer as bases reguladoras para a concesión de axudas, en réxime de concorrencia competitiva, para o desenvolvemento de proxectos de explotacións conxunta de instalación e equipamentos de carácter agropecuario en réxime de asociativo.

Poderán acollerse a estas axudas os seguintes beneficiarios:
– Cooperativas agrarias.
– Sociedades Agrarias de Transformación.
Requisitos:
– Xustificar a necesidade e a viabilidade dos investimentos mediante a presentación dun estudo de viabilidade.
– Compromiso de exercer a actividade agraria, obxecto da axuda, durante polo menos cinco anos contados desde a data de pagamento da axuda. Así mesmo, as entidades beneficiarias deberán destinar osa ben sao fin concreto para o cal se concedeu a subvención, que nunca será inferior a cinco anos no caso dos bens inscriditibles en rexistro públicon nin inferior a dous para o resto de bens, en todo caso, nunca antes do seu período de amortización, salvo causa técnica xustificada e acreditada documentalmente. No caso de bens inscritibles nun rexistro público, deberá facerse constar na escritura pública esta circunstancia, así como o importe da subvención concedida, estes extremos deberán ser obxecto de inscrición no rexistro público correspondente.
– As entidades deberán establecer as normas internas de funcionamento que sexan necesarias para garantir o correcto funcionamento e a continuación da actividadede que se trate.
– Cumprir as normas mínimas en materia de ambiente, hixiene e benestar dos animais.
– Non ter consideración de emoresa en crise.
– Dispoñer dunha contabilidade específica FEADER ou dun código contable específico, no cal deben estar incluídos os gastos declarados para esta axuda.
O prazo de xustificación destas axudas remata o 30 de outubro de 2018, inclusive

Para máis información, prema no link