Coa finalidade de favorecer o emprego estable e facilitar a inserción laboral dos parados de longa duración que presentan desventaxes e dificultades particulares para permanecer no mercado de traballo, a orde do 21 de xuño de 2016 ten por obxecto fixar as bases reguladoras e proceder á convocatoria para o ano 2016 dos incentivos á súa contratación por conta allea.

Poderán ser beneficiarias das axudas previstas nesta orde as empresa e autónomos que contraten a persoas desempregadas de longa duración en centros de traballo de Galicia
As bases que rexen este programa establecen un procedemento de concesión que non ten consideración de concorrencia competitiva, dado que, de acordó coa finalidade do programa, non resulta necesario realizar a comparación e prelación das solicitudes presentadas nun único procedemento, senón que a concesión da axuda se realiza pola comprobación da concorrencia na persoa solicitante dos requisito establecidos ata o esgotamento do crédito orzamentario.

As axudas establecidas nesta orde quedan sometidas ao réxime de minimis. Polo tanto, a axuda total de minimis concedida a una empresa non será superior a 200.000 euros durante o período dos dous exercicios fiscais anteriores e o exercicio fical actual da empresa solicitante, ou a 100.000 euros no suposto dunha axuda concedida a una empresa que opere no sector do transporte pola estrada.
Por tratarse de axudas sometidas ao réxime de axudas de minimis, non se poderá conceder a empresas dos seguintes sectores:

– Pesca e acuicultura.
– Producción primaria dos productos agrícolas que figuran na lista do anexo I do Tratado.
– Sector da transformación e comercialización de productos agrícolas, nos casos seguintes:
o Cando o importe da axuda se determine en función do prezo ou cantidade de productos deste tipo adquiridos a productores primarios ou comercializados polas empresas interesadas.
o Cando a axuda estea supeditada a una parte ou a súa totalidade se repercuta aos productores primarios.
o As actividades relacionadas coa exportación a países terceiros ou Estados membros cando a axuda estea vinculada directamente ás cantidades exportadas, á creación e funcionamento dunha rede de distribución ou a outros gastos de explotación vinculados á actividade de explotación.
o As axudas condicionadas á utilización de productos nacionais en lugares de importados.

http://www.xunta.gal/dog/Publicados/2016/20160726/AnuncioG0424-040716-0009_gl.html