A FP- Dual é unha modalidade de formación profesional que se realiza en alternancia entre o centro educativo e a empresa (hai unha retribución económica e alta na seguridade social). Dende Orientación Laboral informamos de tres itinerarios ós que podedes acceder actualmente en Galicia, son os seguintes: Laboratorio de análise e de control de calidade, Desenvolvemento de aplicacións web e Construción. O prazo remata o 13 de setembro. 

 

Requisitos das persoas solicitantes

Para poderen acceder a este proxecto de formación profesional dual, as persoas aspirantes deberán cumprir o seguinte:

Ter entre dezaoito e vinte e nove anos ou facelos no ano natural en que comece o ciclo formativo.
Cumprir os requisitos de acceso aos ciclos formativos establecidos no artigo 41 da Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, segundo a redacción dada pola Lei orgánica 8/2013, do 9 de decembro, para a mellora educativa, ou na disposición adicional terceira desta última lei, para poder matricularse en todos os módulos profesionais do ciclo formativo correspondente, e que se detallan no modelo de solicitude, no , anexo I, desta orde.
Carecer da cualificación profesional, obtida e recoñecida polo sistema de formación para o emprego ou do sistema educativo, requirida para concertar un contrato en prácticas para o posto de traballo ou a ocupación obxecto do proxecto.
Non ter realizado con anterioridade un contrato de formación e aprendizaxe, salvo que a formación inherente ao proxecto de formación profesional dual teña por obxecto a obtención dunha cualificación profesional distinta, e cumprir os requisitos establecidos na normativa laboral vixente para poder efectualo.
Non ter superado ningún módulo profesional do ciclo formativo do proxecto solicitado, agás que fose cursando outro ciclo formativo.
Presentación de solicitude

Cada solicitante presentará unha única solicitude, anexo I, que se entregará en calquera dos centros que figuran no anexo II. Irán dirixidas á dirección do centro educativo.

Se a persoa solicitante presenta máis dunha solicitude, non se terá en conta a súa petición.

Documentación

A solicitude de admisión, anexo I, deberá ir acompañada da seguinte documentación:

Copia do DNI ou NIE, no caso de non dar o consentimento para a comprobación dos datos de identidade no sistema de verificación do Ministerio de Facenda e Administracións Públicas, de conformidade co artigo 2 do Decreto 255/2008, do 23 de outubro.
Certificación académica relativa aos requisitos de acceso, no caso de non ter realizado os estudos ou as probas de acceso no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, ao abeiro abeiro da Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.
Currículo co formato Europass, que se poderá elaborar no enderezo
Calendario do procedemento

Presentación de solicitudes: do 1 ao 13 de setembro ás 13 horas.
Relación provisional de persoas solicitantes: 14 de setembro
Reclamación á relación provisional de persoas solicitantes: 15 e 16 de setembro
Relación definitiva de persoas solicitantes: 19 de setembro
Período de selección por parte da entidade colaboradora: do 20ao 26 de setembro
Relación de persoas admitidas e en espera: a partir do 27 de setembro
Matrícula: logo da publicación da listaxe de persoas admitidas e en espera. Data límite: 30 de setembro

Accede as bases premendo aquí 

Accede ó anexo premendo aquí 

Se tes algunha dúbida podes consultarnos en Orientación Laboral