Dende orientación lembramos que o prazo para a solicitude de bolsas para a formación de estudios posobrigatorios e ensinanzas universitarias rematan en Outubro. Se tedes dúbidas podedes acudir a Orientación para recibir asesoramento. 

 

Ensinanzas comprendidas:
1.- Ensinanzas posobrigatorias e ensinanzas superiores non universitarias:

a) Primeiro e segundo cursos de Bacharelato.

b) Formación Profesional de grao medio e de grao superior.

c) Ensinanzas artísticas profesionais.

d) Ensinanzas deportivas.

e) Ensinanzas artísticas superiores.

f) Estudos relixiosos superiores.

g) Estudos militares superiores.

h) Estudos de idiomas en Escolas Oficias de titularidade das administracións educativas, incluída a modalidade a distancia.

i) Cursos de acceso e cursos de preparación para as probas de acceso á Formación Profesional impartidos en centros públicos e en centros privados concertados que teñan autorizadas estas ensinanzas.

j) Formación Profesional básica.

2.- Ensinanzas universitarias:

a) Ensinanzas universitarias adaptadas ao Espazo Europeo de Educación Superior conducentes a títulos oficiais de Grao e de Máster.

b) Ensinanzas universitarias conducentes aos títulos oficiais de Licenciado, Enxeñeiro, Arquitecto, Diplomado, Mestre, Enxeñeiro Técnico e Arquitecto Técnico.

c) Curso de preparación para acceso á universidade de maiores de 25 anos impartido por universidades públicas.

d) Complementos de formación para acceso ou obtención do título de Máster e créditos complementarios para a obtención do título de Grao ou para proseguir estudos oficiais de licenciatura.

Non se inclúen nesta convocatoria as bolsas para a realización de estudos correspondentes ao terceiro ciclo ou doutoramento, estudos de especialización nin títulos propios das universidades.

Presentación de solicitudes:

A solicitude deberase cumprimentar mediante o formulario accesible por vía telemática na sede electrónica do Ministerio no enderezo https://sede.educacion.gob.es/

Información para estudos NON UNIVERSITARIOS

Información para estudos UNIVERSITARIOS

Prazo de presentación:

3 de outubro para estudos non universitarios
17 de outubro para estudos universitarios
Acceso á convocatoria no BOE num. 195, de 13 de agosto de 2016.