A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia convoca probas de avaliación de carácter libre para a obtención da certificación galega de competencias dixitais en ofimática. O temario para a avaliación será o descrito no módulo formativo MF0233_2 Ofimática (190 horas), asociado á unidade de competencia UC0233_2, manexar aplicacións ofimáticas na xestión da información e da documentación, do Catálogo nacional de cualificacións.

 

A Rede Cemit ten publicados na súa plataforma de teleformación (http://cemit.xunta.gal/ema) os materiais formativos que forman parte do curso Codix baixo a modalidade de autoformación como material de apoio para a preparación destas probas:

• Sistema operativo, busca da información: internet/intranet e correo electrónico.

• Aplicacións informáticas de tratamento de textos. LibreOffice Writer.

• Aplicacións informáticas de follas de cálculo. LibreOffice Calc.

• Aplicacións informáticas de bases de datos relacionais. LibreOffice Base.

• Aplicacións informáticas para presentacións: gráficas de información. LibreOffice Impress.

 

As persoas que desexen participar nas probas presenciais deberán inscribirse na páxina web de Cemit http://cemit.xunta.gal/ O prazo para presentarse a estas probas estará aberto ata o 10 de outubro de 2016. Máis información no DOG do 3 de outubro de 2016 e en http://cemit.xunta.gal/