Subvencións para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, das axudas e reposicións de infraestructuras e equipamentos privados danados e por danos nas explotacións agrícolas e gandeiras ocasionados nos incendios forestais.

A orde do 22 de setembro, ten por obxecto establecer as bases reguladoras das axudas no réxime de minimis a favor das persoas afectadas polos danos causados polos incendios forestais que se produciron en 2016, coa finalidade de repara eses danos.

Esta orde será de aplicación ás infraestructuras de titularidade privada en terreos forestais, á maquinaria e equipamento forestal danados como consecuencia das labores de extinción dos incendios forestais, e aos bens, equipamentos, maquinaria, medios de produción, producións e gando ou colmeas danados nas explotacións agrícolas e gandeiras, e á suministración de alimentación complementaria de gando ou colmeas nas zonas afectadas polos incendios que se produciron en agosto e setembro de 2016.

Poderanse acoller a estas axudas as persoas físicas ou xurídicas propietarias ou arrendatarias de terreos forestais, así como os titulares de explotacións agrícolas e gandairas. No caso de danos causados á maquinaria e ao equipamento nos labores de extinción, as persoas beneficiarias serán as persoas físicas ou xurídicas propietarias deles.

http://www.xunta.gal/dog/Publicados/2016/20161003/AnuncioG0426-220916-0002_gl.html