¿Coñeces o Centro de Cooperación Galega?

 

coop-galegaA cooperación galega, aínda que nova, ten acadado xa o seu desenvolvemento normativo e instrumental.

Coa aprobación da lei 3/2003, de cooperación para o desenvolvemento, os poderes públicos galegos asumen a responsabilidade de cooperar con outros países para propicia-lo seu desenvolvemento integral, contribuír á mellora das condicións de vida dos seus habitantes e aliviar e corrixi-las situacións de pobreza e propiciar un desenvolvemento humano solidario e estable, que inclúa maiores cotas de liberdade e un reparto máis xusto dos froitos do crecemento económico.

 

 

O III Plan director da cooperación galega para o desenvolvemento 2014-2017, aprobado polo Parlamento de Galicia o 18 de marzo de 2014, aposta pola especialización da cooperación galega, pola maior eficacia e eficiencia na xestión e avaliación da cooperación, pola maior concentración das axudas, pola coordinación e complementariedade das actuacións cos distintos donantes, pola busca de fontes alternativas de financiamento, pola promoción de alianzas público-privadas e pola consolidación da marca «Cooperación Galega».

No cumprimento dos compromisos recollidos no Plan xogan un importante papel os axentes galegos de cooperación. Sen a colaboración das ONGD, das universidades galegas, das empresas e do resto dos axentes de cooperación non poderíamos afrontar o reto do desenvolvemento.

 

Para acceder ás bolsas e ofertas de emprego accede ó seu sitio web http://www.cooperaciongalega.org/