Actividades deportivas

SUBVENCIÓNS PARA CLUBS DEPORTIVOS, SOCIEDADES ANÓNIMAS DEPORTIVAS E AGRUPACIÓNS ESCOLARES DE GALICIA, PARA O DESENVOLVEMENTO DE ACTIVIDADES DEPORTIVAS

Poderán ser beneficiarios das subvencións os clubs deportivos, as sociedades anónimas deportivas e as agrupacións deportivas escolares de Galicia, inscritos, en todos os casos, no Rexistro de Asociacións Deportivas e Deportistas da Secretaría Xeral para o Deporte.

De igual forma, para ser beneficiario destas axudas, é necesario que a entidade estea dada de alta como xestor externo nas seguintes aplicacións tecnolóxicas de «promoción dunha vida activa e saudable» vinculadas co plan Galicia Saudable da Xunta de Galicia:

– Galicia Activa: aplicación de recursos, servizos e instalacións deportivas en Galicia (http://galiciactiva.xunta.es/xestor.php).

– Plataforma de xestión de plans, programas, actividades e eventos de Galicia Saudable (https://galiciasaudable.xunta.es/actividades/).

As subvencións outorgaranse polo procedemento de concorrencia non competitiva.

No que respecta ás sociedades anónimas deportivas, este réxime de axudas queda suxeito ao Regulamento (UE) 1407/2013 da Comisión da Unión Europea, do 18 de decembro, relativo á aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de funcionamento da Unión Europea ás axudas de minimis (DOUE núm. L352/1, do 24 de decembro).

O prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación desta resolución de convocatoria no DOG.

 

http://www.xunta.gal/dog/Publicados/2016/20161214/AnuncioG0244-301116-0001_gl.html

 

Producción cinematográfica

SUBVENCIÓNS DE CREACIÓN AUDIOVISUAL PARA O DESENVOLVEMENTO E PROMOCIÓN DO TALENTO AUDIOVISUAL GALEGO

O obxectivo desta subvención é fomentar a creación de obras audiovisuais con decidida vocación artística e cultural e, en concreto, a escrita de guións e a realización de curtametraxes a cargo de creadores individuais ou a realización de longametraxes a cargo de empresas individuais ou produtoras, e proceder á súa convocatoria para o ano 2017.

As axudas deberán cumprir as condicións de exención e os límites do artigo 3 do Regulamento (UE) nº 1407/2013, relativo á aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de funcionamento da Unión Europea ás axudas de minimis. O importe total das axudas de minimis concedidas por un Estado membro a unha única empresa non excederá 200.000 euros durante calquera período de tres exercicios fiscais.

Poderán ser obxecto de subvencións da Axencia Galega das Industrias Culturais as seguintes modalidades de proxectos:

Modalidade A: subvencións á escrita individual de guión en galego. Subvencións para proxectos de guión de obras orixinais ou adaptación de obras literarias, para longametraxes cinematográficas. A contía adxudicada por proxecto será de 5.000 euros.

Modalidade B: subvencións para a realización de proxectos de curtametraxes gravadas en versión orixinal galega cunha duración inferior a 30 minutos. As subvencións terán unha contía de 6.000 euros.

Modalidade C: subvencións a proxectos de longametraxes cinematográficas en versión orixinal galega, cunha duración igual ou superior aos 60 minutos e que conten cun realizador que non dirixise ou codirixise máis de dúas longametraxes cualificadas para a súa explotación comercial en salas de exhibición cinematográfica. As subvencións terán unha contía de 30.000 euros.

Cada proxecto deberá estar inscrito nunha soa modalidade.

O prazo de presentación das solicitudes será de un mes, a partir do 23 de decembro de 2016.

 

http://www.xunta.gal/dog/Publicados/2016/20161223/AnuncioG1097-141216-0001_gl.html