LIÑAS DE APOIO AO ACCESO E ADECUACIÓN DO FINANCIAMENTO A EXPLOTACIÓNS LEITEIRAS

Estas bases regulan o contido e procedemento de tramitación de dúas liñas de financiamento bonificado dirixido ás explotacións leiteiras galegas, co obxecto de adecuar e reforzar a súa estrutura financeira:
Liña 1. Refinanciamento de pasivos
Liña 2. Apoio ao circulante
Poderán acceder ás liñas de financiamento as pequenas e medianas empresas que desenvolvan a actividade de explotación de gando bovino para a produción de leite e ter radicado o centro da súa actividade económica en Galicia.
O prazo de presentación finalizará o 31 de outubro de 2017.
http://www.igape.es/es/base-xeral-de-axudas/ficha/IGAP311
http://www.xunta.gal/dog/Publicados/2016/20161230/AnuncioO92-221216-0001_gl.html

AXUDAS PARA OS INVESTIMENTOS EN TRANSFORMACIÓN E COMERCIALIZACIÓN DE PRODUCTOS AGRARIOS
Poderán acollerse a estas axudas os empresarios individuais ou sociedades que sexan ou vaian ser titulares de instalacións obxecto da axuda dedicadas á transformación e/ou comercialización de produtos do anexo I do Tratado constitutivo da Comunidade Europea, e sobre as cales recaia a carga financeira dos investimentos e gastos que se consideren subvencionables. Estas axudas rexense por concorrencia competitiva
Investimentos subvencionables
1. Considéranse subvencionables, con carácter xeral, os investimentos en activos fixos materiais para a creación, ampliación e modernización das instalacións situadas en Galicia destinadas á transformación e/ou comercialización de produtos agrarios, considerando como tales os produtos enumerados no anexo I do Tratado constitutivo da Comunidade Europea, excepto os produtos da pesca. Así mesmo, poderán subvencionarse investimentos relativos a procesos de transformación nos cales interveñan produtos non incluídos no anexo I do Tratado, se estes son un compoñente menor do produto final. Considerarase que son un compoñente menor cando a cantidade total destes non supere o 15 % do peso total do produto final.
2. Os produtos resultantes dos procesos de transformación e/ou comercialización poderán ser produtos agrarios (incluídos no anexo I do Tratado) ou non agrarios (non incluídos no anexo I do Tratado). Para estes efectos considerarase que os produtos resultantes dos procesos de transformación e/ou comercialización son produtos agrarios cando a súa totalidade estea incluídas no anexo I do Tratado.
3. Non obstante, non serán subvencionables:
a) Os proxectos nos cales o importe total dos investimentos subvencionables sexa inferior a 30.000 €.
b) Os proxectos de empresas que non sexan pemes cando a totalidade dos produtos resultantes dos procesos de transformación e/ou comercialización non estean incluídos no anexo I do Tratado.
c) Os investimentos relativos aos produtos descritos na parte II do anexo VII do Regulamento UE nº 1308/2013 do Parlamento e do Consello, do 17 de decembro de 2013, referente aos produtos amparados polos programas de apoio no sector vitivinícola financiados polo Feaga.
4. Os tipos de gasto subvencionables son os seguintes:
a) Construción, adquisición e mellora de bens inmobles. A compra de terreos ata un valor inferior ao 10 % do total dos gastos subvencionables.
b) Compra de maquinaria e equipamentos novos, ata o seu valor de mercado.
c) Os seguintes investimentos intanxibles: adquisición ou desenvolvemento de programas informáticos así como adquisicións de patentes, licenzas, dereitos de autor e marcas rexistradas relacionadas cos procesos produtivos.
d) Os custos xerais vinculados ás letras a) e b) anteriores consistentes en honorarios de proxecto e dirección de obra, así como en estudos de viabilidade. En todo caso, o importe admisible nestes custos non poderá superar o 12 % do importe total dos investimentos subvencionables das letras a), b) e c) anteriores.
5. Porén, non serán obxecto de axuda os investimentos relativos aos conceptos e actividades sinalados no anexo I da Orde do 22 de decembro de 2015 polo que se establecen as bases reguladoras das axudas para o investimentos en transformación e comercialización de productos agrarios do período 2014-2020.
O prazo de presentación de solicitudes para esta convocatoria será dun mes contado a partir do día seguinte ao de publicación desta orde.
Non obstante, no caso de que o investimento inclúa a construción de novas superficies cubertas ou ampliación das existentes, o solicitante terá un prazo adicional de tres meses para presentar a preceptiva licenza de obras. Así mesmo, no caso de proxectos de investimento incluídos nos supostos do punto 1.b do artigo 5 desta orde, relativos á declaración de impacto ambiental, o solicitante terá un prazo adicional de tres meses para presentar o informe favorable de avaliación ambiental ou ben o informe da autoridade competente que o exima da súa obtención.

http://www.xunta.gal/dog/Publicados/2016/20161230/AnuncioG0426-221216-0001_gl.html