Onte participamos na Startup Europe Week SEW17  no Centro de Innovación Social Dixital La Molinera en Ourense

 

O Servizo de Orientación da Mancomunidade de Verín participou onte na conferencia e debate no evento StartUp Europe Week celebrado en La Molinera, Ourense. O evento StartUp Europe Week é un dos máis coñecidos a nivel emprendemento e tense celebrado en máis de 40 países en toda Unión Europea. No debate tratáronse temas relacionados cos programas de emprego que facilitan a administración, lineas de axuda para novos emprendedores e programas educativos nesta dirección.  Da nosa parte, defendemos a importancia de traballar as habilidades transversais que fomentan o emprendemento xa dende a escola, habilidades como o traballo cooperativo, habilidades comunicativas, liderazgo, creatividade e pensamento crítico. Tamén defendemos a importancia dos programas Europeos destinados á xuventude, como son os programas Erasmus + e o programa Erasmus para Emprendedores. Enfatizamos a importancia de achegar estas oportunidades ó rural e os colectivos máis desfavorecidos, xa que eles teñen menos oportunidades para desenvolver o seu talento.

Foi un pracer colaborar coa EOI Escola de Organización Industrial, a CEO Confederación Empresarial de Ourense e cos profesionais do Centro de Innovación Social e Dixital de Ourense, así coma tódolos asistentes que participaron no evento.

Para acceder a nota de presensa prema o link