Este ano o noso Servizo de Orientación da Mancomunidade de Verín, está de novo colaborando co I.E.S García Barbón na divulgación de charlas moi dinámicas e motivadoras para os mozos e mozas que están a piques de mergullarse no mundo laboral.

A orientadora, Lorena Álvarez, fixo especial fincapé na importancia da actitude cara ó mercado laboral, na constancia e mellora a través de formación continua e tamén a relevancia da inclusión e diversidade.

Estas charlas impartíronse nos seguintes ciclos de Formación Profesional:

  • CS Administración e finanzas
  • CM Xestión Administrativa
  • CM Coidados Auxiliares de Enfermaría
  • CM Electromecánica de Vehículos e Automóbiles
  • CM Mantemento Electromecánico

Foi un pracer ter compartido este tempo cos mozos e mozas e desexámoslle dende a Mancomunidade moita sorte e actitude nesta nova etapa.