A Consellería de Economía, Emprego e Industria, xunto coa Fundación Santa María la Real e a Fundación Telefónica, co cofinanciamento do Fondo Social Europeo, pon en marcha unha nova edición do programa Lanzadeiras de Emprego, nos Concellos da Coruña, Carballo, Ferrol, Santiago de Compostela, Lugo, Pontevedra e Lalín, que permitirá mellorar a empregabilidade das persoas que están en paro e na busca dun novo emprego.

Colectivos aos que se dirixe: Homes e mulleres, entre 18 e 59 anos, inscrit@s como demandantes de emprego, desempregad@s, con perfís diferentes, dende estudos básicos ata titulados universiatrios. Non é necesario ter experiencia laboral. O detalle específico das condicións destas lanzadeiras especifícanse máis abaixo.

Duración da lanzadeira: 5 meses , comezarán o 10 de maio e finalizarán o13 de outubro. Do 14 ao 18 de agosto haberá un descanso.
Lugar de inscrición: Preferiblemente na páxina web:

Programa: http://lanzaderasdeempleo.es/programa-lanzaderas

http://lanzaderasdeempleo.es/formulario-de-inscripcion