O Ministerio de Educación convoca prazas de profesores en Seccións bilingües de español en Centros educativos de Bulgaria, China, Eslovaquia, Hungría, Polonia, República Checa, Romanía, Rusia e Turquía para o curso 2017-2018.

Beneficiarios.
Españois en posesión dun título de grao ou licenciatura na área de filoloxía, tradución e interpretación, humanidades, historia da arte, xeografía e historia, matemáticas, física, química, bioloxía, xornalismo, arquitectura e mestres. Deben estar en posesión do Certificado de Aptitude Pedagóxica ou do título de Master que habilita para o exercicio da función docente en Educación Secundaria Obrigatoria, Formación Profesional e Bacharelato, e que posúan a nacionalidade española.

Finalidade.
Impartir lingua e cultura españolas, e outras áreas en español, nas Seccións bilingües de español de Bulgaria, China, Eslovaquia, Hungría, Polonia, República Checa, Romanía, Rusia e Turquía.

Dotación:
A dotación de cada axuda será por unha contía máxima de 13.176 euros por curso académico, excepto para os profesores destinados a Rusia, nese caso a contía será de 17.580 euros, e para os profesores destinados a China e a Turquía, nese caso a contía será de 9.600 euros.
Unha axuda de gastos de viaxe de ida e volta de 1.000 euros, salvo no caso de China, que será de 1.200 euros.

Prazo de presentación de solicitudes:
Do 6 ao 20 de xuño ambos inclusive.

Máis información nos anuncios do BOE do 2 de xuño de 2017 e en www.educacion.es