Se queres participar nos campos de traballo “Casa da Neveira” ou “Vedra: no Camiño Xacobeo Miñoto-Ribeiro” que organiza a D.X. de Xuventude, Participación e Voluntariado no mes de xullo? …. Se tes 18 anos e carné xove, participa no sorteo do día 30 de xuño.

Sorteamos 20 prazas. Nestes campos terás a oportunidade de convivir con outros participantes galegos, con mozas e mozos doutras comunidades autónomas e do estranxeiro.

Para participar tes que ser titular do Carné xove, maior de 18 anos e cubrir o segunte formulario, antes das 9:00h do día 30 de xuño.