LIÑAS DE APOIO AO ACCESO E ADECUACIÓN DO FINANCIAMENTO DAS EXPLOTACIÓNS PRODUTORAS E TRANSFORMADORAS DE UVA E CASTAÑA AFECTADAS POLAS XEADAS E SARABIAS, DAS EXPLOTACIÓNS PRODUCTORAS DE PATACA, CEREAL, HORTA E FROITEIRAS AFECTADAS POLA SARABIA

RESOLUCIÓN do 27 de setembro de 2017 pola que se dá publicidade ao acordo do Consello de Dirección que aproba as bases reguladoras das liñas de apoio ao acceso e adecuación do financiamento das explotacións produtoras e transformadoras de uva e de castañas afectadas polas xeadas e sarabias, e das explotacións produtoras de pataca, cereal, horta e froiteiras afectadas pola sarabia, instrumentadas mediante convenio de colaboración subscrito coas entidades financeiras e as sociedades de garantía recíproca, e se procede á súa convocatoria en réxime de concorrencia non competitiva.
O prazo de presentación de solicitudes rematará o 20 de outubro de 2017.
Beneficiarios
1. Poderán acceder ás liñas de financiamento previstas nestas bases, as pequenas e medianas empresas, incluídos os autónomos, que desenvolvan a actividade económica de produción ou transformación de uva ou castañas e se viran afectadas polas xeadas ou sarabias, así como as produtoras de pataca, cereal, horta e froiteiras afectadas polas sarabias.
Tamén poderán acceder á condición de beneficiario as comunidades de bens, sociedades civís ou calquera outro tipo de unidade económica ou patrimonio separado que, aínda carecendo de personalidade xurídica, poidan levar a cabo as actividades ou se atopen na situación que motiva a concesión da axuda.
2. Requisitos:
a) No caso de explotacións vitícolas, deberán estar inscritas no Rexistro Vitícola de Galicia e ter viñedos na zona xeográfica delimitada nos mapas de xeadas dos días 27 e 28 de abril de 2017, e de sarabias do día 27 de agosto de 2017, emitidos por MeteoGalicia. No caso de adegas, deben cumprir o requisito de que elaboraron viño de denominación de orixe con uvas da colleita do ano 2016 procedentes de viñedos da zona xeográfica delimitada no referido mapa de xeadas.
b) No caso de explotacións de castañas, deberá tratarse de explotacións propietarias ou xestoras de terreos rústicos de carácter privado que cumpran os seguintes requisitos:
Os predios deberán estar situados nos concellos en que as xeadas ou sarabias afectaron gravemente os castiñeiros, estes son:
1º. Provincia de Lugo: Baleira, Baralla, Becerreá, A Fonsagrada, Navia de Suarna, Negueira de Muñiz, As Nogais, Pedrafita do Cebreiro.
2º. Provincia de Ourense: Castrelo do Val, Cualedro, A Gudiña, Laza; A Mezquita, Monterrei, Oímbra, Riós; Vilardevós, Vilariño de Conso, Viana do Bolo; A Arnoia, Avión, Beade, Carballeda de Avia, Castrelo de Miño, Cenlle, Cortegada, Leiro, Melón, Ribadavia; Beariz, Boborás, O Carballiño, O Irixo, Maside; Piñor, Punxín, San Amaro e San Cristovo de Cea; Amoeiro, Barbadás, Coles, Esgos, Nogueira de Ramuín, Ourense, O Pereiro de Aguiar, A Peroxa, San Cibrao das Viñas, Taboadela, Toén, Vilamarín; O Barco de Valdeorras, A Rúa, O Bolo, Carballeda de Valdeorras, Larouco, Petín, Rubiá, A Veiga e Vilamartín de Valdeorras; Verín; Chandrexa de Queixa, Manzaneda, A Pobra de Trives e San Xoán de Río.
Tamén poderán ser beneficiarias aquelas empresas de transformación situadas no territorio da Comunidade Autónoma que transformen castaña orixinaria de soutos desta comunidade autónoma que por mor das xeadas ou sarabias non van ter subministración de materia prima orixinaria de Galicia e que, polo tanto, van ver diminuída a súa capacidade de transformación.
c) No caso de explotacións de pataca, cereal, horta e froiteiras, os produtores que cumpran os seguintes requisitos:
Estar inscrito no Rexistro de Explotacións Agrarias de Galicia e ter predios que deberán estar situados nas parroquias dos concellos en que a sarabia afectou gravemente os cultivos de pataca, cereal, horta e froiteiras, e estas son:
1º. Concello de Allariz: parroquia de San Miguel de Torneiros.
2º. Concello de Xunqueira de Ambía: parroquias de Abeleda, A Graña, Bobadela a Pinta e Sobradelo.
3º. Concello de Vilardevós: parroquias de Arzádegos, Florderrei, Berrande, Enxames, Moialde, Osoño, Santa María de Traseirexa, Soutochao, Terroso, Vilar de Cervos, Vilardevós, Vilarello da Cota e Feilas.

Para máis información prema no enlace