XIV Xornada de Nais e Pais. Educando en Igualdade: Rompendo cos estereotipos de xénero
26/10/2017
Contratación prestación servizo recaudación Mancomunidade.
08/11/2017
Amosalo todo

Axudas para a conciliación de maternidade ou paternidade para persoas traballadoras autónomas. Prazo 27 de novembro

ORDE do 17 de outubro de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras, de carácter permanente, que rexerán as axudas para a conciliación por maternidade ou paternidade da persoa traballadora autónoma, e se procede á súa convocatoria para o ano 2017 (código de procedemento TR341R).

Estas bases teñen por obxecto fixar os criterios e requisitos para a concesión de axudas a persoas traballadoras por conta propia ou autónomas que, unha vez finalizada a súa baixa por maternidade ou paternidade, amplíen a contratación da persoa que tiñan contratada para cubrir a dita baixa.

Mediante a presente axuda permitirase que a persoa traballadora por conta propia obteña unha compensación para ampliar durante dezaseis semanas máis a contratación da persoa que tiñan contratada para cubrir a súa substitución durante os períodos de baixa por maternidade ou paternidade, para favorecer a conciliación da súa vida persoal e laboral e facilitar a continuidade do seu proxecto empresarial.

Poderán ser beneficiarias destas subvencións os autónomos, que tivesen realizado un contrato de interinidade por maternidade ou paternidade e, no prazo dos quince días seguintes á súa finalización, realicen outro contrato coa mesma persoa.
Tamén serán beneficiarias as sociedades que realicen unha contratación nas mesmas condicións que no parágrafo anterior con respecto aos autónomos societarios.
Prazo de presentación de solicitudes
1. As solicitudes de axudas polas contratacións subvencionables realizadas entre o 1 de xaneiro de 2017 e a data da publicación desta orde deberán de presentarse no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación da orde.
2. As axudas previstas polas contratacións subvencionables realizadas desde a entrada en vigor desta orde terán o prazo dun mes desde a data da contratación subvencionada.

Accede á máis información premendo no enlace