Contratación prestación servizo recaudación Mancomunidade.
08/11/2017
Axudas para a contratación de seguros agrarios no 2018
29/12/2017
Amosalo todo

Obradoiro de Emprego Mocidade da Mancomunidade de Verín II (2017/2018)

O Obradoiro de emprego “Mocidade da Mancomunidade de Verín II”, cofinanciado pola Iniciativa de EmpregoXuvenil e o  Fondo Social Europeo, trátase dun programa de formación e emprego de 6 meses de duración no que 15 mozos e mozas da nosa comarca terán a oportunidade de aprender unha profesión e de adquirir experiencia laboral coa finalidade de mellorar a súa empregabilidade. O 30 de setembro de 2017 tivo comezo este programa, contando con dúas especialidades formativas: Auxiliar en atención socio-educativa de menores e Deseño de Páxinas Web. Ambas especialidades formativas contan co certificado de profesionalidade correspondente permitindo acceso ó mercado laboral en sectores demandados, tanto na nosa provincia de Ourense coma na comunidade autónoma de Galicia.

Dende a Mancomunidade de Verín, creouse este espazo para dar visibilidade a este proxecto. A páxina web que están por descubrir foi creada para e por a xuventude de Verín, e nela poderán coñecer máis sobre este proxecto educativo, as diferentes iniciativas que se están a levar a cabo e tamén as inquedanzas da nosa xuventude.

Agardamos que esta nova iniciativa resulte de seu interese, e aproveitamos este espazo para agradecer a disposición e o traballo por parte dos mozos e mozas e desexarlles que o paso por a nosa entidade sexa o máis frutífero posible.

Fai clic no enlace para acceder á Web Obradoiro Mocidade da Mancomunidade de Verín II