Obradoiro Mocidade da Mancomunidade de Verín II 2017/2018
21/12/2017
Bases para a contratación do persoal docente AFD. Prazo ate o 18 de xaneiro
10/01/2018
Amosalo todo

Axudas para a contratación de seguros agrarios no 2018

ORDE do 20 de decembro de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para o fomento da contratación dos seguros agrarios na Comunidade Autónoma de Galicia e se convocan para o ano 2018.

O obxecto desta orde é establecer as bases reguladoras das axudas para o fomento da contratación dos seguros agrarios incluídos no Plan de seguros agrarios combinados para o exercicio 2018 e convocalas para o mesmo ano, ao abeiro do previsto no Decreto 332/1995, do 27 de decembro, polo que se establecen na Comunidade Autónoma galega axudas para o fomento da contratación dos seguros agrarios.

Poderán ser beneficiarios destas axudas  os asegurados titulares de explotacións agrarias situadas no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, e sempre que subscriban pólizas de seguros de liñas agrícolas do Plan 2018 e liñas gandeiras dos plans 2017 e 2018, formalizadas no 2018, e cumpran o establecido no Decreto 332/1995 e nesta orde. Tamén poderán ser beneficiarios das axudas outorgadas nesta orde os titulares de explotacións de acuicultura continental.

Accedan a máis información premendo no enlace