Axudas para o uso de maquinaría agrícola en réxime asociativo 2018
24/01/2018
Subvención transformación e comercialización de produtos agrarios 2018
24/01/2018
Amosalo todo

Subvención de proxectos dos grupos AEI no marco de desenvolvemento rural 2018

ORDE do 20 de decembro de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras da concesión, en réxime de concorrencia competitiva das axudas para a execución de proxectos dos grupos operativos da Asociación Europea da Innovación (AEI), cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020, e se convocan para o ano 2018.

Esta orde ten por obxecto aprobar as bases polas que se rexerá a concesión das subvencións para a execución de proxectos de grupos operativos da Asociación Europea da Innovación (AEI) en materia de produtividade e sustentabilidade agrícolas.

Polo tanto, con base no establecido na presente orde financiaranse proxectos innovadores dos grupos operativos da AEI seleccionados, cubrindo os gastos derivados da súa execución. En ningún caso se financiarán proxectos de investigación básica ou fundamental nin investigacións independentes.

Para máis información prema no enlace