Subvención de proxectos dos grupos AEI no marco de desenvolvemento rural 2018
24/01/2018
Nomeamento do Tribunal de Selección Cursos AFD
31/01/2018
Amosalo todo

Subvención transformación e comercialización de produtos agrarios 2018

ORDE do 18 decembro de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para os investimentos en transformación e comercialización de produtos agrarios para o período 2014-2020 cofinanciadas polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), e se convocan para o exercicio orzamentario de 2018.

A concesión destas axudas efectuarase mediante concorrencia competitiva.

Beneficiarios

Poderán acollerse a estas axudas os empresarios individuais ou sociedades que sexan ou vaian ser titulares de instalacións obxecto da axuda dedicadas á transformación e/ou comercialización de produtos do anexo I do Tratado constitutivo da Comunidade Europea, e sobre as que recaia a carga financeira dos investimentos e gastos que se consideren subvencionables.

Para acceder a máis información prema no enlace