O 26 de febreiro de 2018 publicouse a resolución que convoca as probas de avaliación en competencias clave para acceder aos certificados de profesionalidade de niveis 2 e 3 de cualificación.

En dita convocatoria, establécese o proceso de probas de avaliación para o ano 2018. A continuación respondemos a algunhas preguntas sobre as competencias clave.

Pódese consultar a convocatoria no DOG premendo no seguinte enlace:
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2018/20180226/AnuncioG0424-200218-0001_gl.html

Que son as competencias clave?

Son os coñecementos necesarios para cursar con aproveitamento os certificados de profesionalidade que facilitan a inserción laboral.

Onde se poden cursar certificados de profesionalidade?

En Galicia, a programación de certificados de profesionalidade e os centros que os imparten pódese consultar na páxina http://emprego.ceei.xunta.gal/afd

A Mancomunidade de Municipios de Verín dispón dun centro de formación no que se realiza formación para persoas desempregadas.

É posible acceder a calquera certificado de profesionalidade unha vez que se dispón das competencias clave?

As persoas demandantes de emprego poden acceder a certificados de profesionalidade segundo o seu nivel formativo. O acceso aos diferentes niveis dos certificados de profesionalidade está regulados polo Real Decreto 34/2008, de 18 de enero que indica:

  • Nivel 1: sen requisitos formativos nin profesionais.
  • Nivel 2: Título de Graduado en Educación Secundaria Obligatoria (ESO), Proba de Acceso a Ciclo Formativo de Grado Medio, Certificado de profesionalidade do mesmo nivel, Certificado de profesionalidade de nivel 1 da mesma familia profesional, Proba de Acceso á Universidad (PAU) para maiores de 25 anos.
  • Nivel 3: Título de Bacharelato, Certificado de profesionalidade do  mesmo nivel, Proba de Acceso a Ciclo Formativo de Grado Superior, Certificado de profesionalidade de nivel 2 da mesma familia profesional, Proba de Acceso a la Universidad (PAU) para maiores de 25 e/o 45 anos.

Cal é o prazo e como se presenta a solicitude da participación nas probas de competencias clave?

O prazo de solicitudes abrangue do 27 de febreiro ata o 23 de marzo de 2018, ambos inclusive.

A solicitude realizarase preferiblemente a través da sede electrónica (https://sede.xunta.gal). Para acceder á sede electrónica é preciso dispor de DNI electrónico, certificado dixital ou acceso mediante CHAVE 365 (pódese solicitar no Centro de Saúde do teu concello, ou no Hospital de Verín).

Que competencias clave se avalían nesta convocatoria?

Na actual convocatoria convócanse probas nos dous niveis de cualificación profesional 2 e 3, nas seguintes competencias clave:

  • Comunicación en lingua galega
  • Comunicación en lingua castelá
  • Comunicación en lingua estranxeira (inglés)
  • Competencia matemática

Cando e onde se realizarán as probas?

O lugar de realización das probas prevese que sexa en Silleda (Pontevedra) e as datas do procedemento son as que se indican na resolución de 16 de febreiro:

É equivalente a competencia clave de lingua galega a algún nivel do CELGA?

As competencias clave permiten acceder aos certificados de profesionalidade pero non equivalen a Certificación de Lingua Galega.

Se a persoa ten un certificado CELGA, sí pode estar exenta da competencia de comunicación en lingua galega segundo o seu nivel. En www.lingua.gal, o portal web da Secretaría Xeral de Política Lingüística existen recursos para preparar os diferentes niveis de CELGA.

Se tes dúbidas sobre o procedemento ou precisas orientación podes solicitar unha cita co Servizo de Orientación Laboral, chamando ao 988414600, ou pasándote pola Rúa Cancelón, 1 Verín de luns a venres, de 9 a 14.