A Mancomunidade de Municipios da Comarca de Verín, apoia a conmemoración do 8 de Marzo, Día Internacional da Muller. Mediante este comunicado, o actual presidente José Luis Suárez Martínez e en acordo co resto de alcaldes dos sete concellos, acordan que sexa a única alcaldesa da zona, Ana Villarino a que represente a entidade no acto de conmemoración e lectura de manifesto, que se celebrará hoxe 8 de marzo ás 12:00h na Praza do Concello de Verín. Non obstante, a entidade tamén mostra o seu apoio a plena igualdade e a loita contra a violencia de xénero, sendo unha responsabilidade social de todos e todas. 

COMUNICADO