Comunicado sobre o 8M-Día Internacional da Muller
08/03/2018
axudas xunta
Axudas parao apoio aos investimentos nas explotacións agrícolas…
19/03/2018
Amosalo todo

Probas para a obtención dos certificados de lingua galega, niveis Celga 1, 2, 3 e 4 no ano 2018.

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a convocatoria para das probas para a obtención dos certificados de lingua galega.

Que é o certificado de lingua galega?

É o certificado que recoñece as competencias lingüísticas en galego.

Para que

sirve o Celga?

O Celga acredita o nivel de competencia lingüística en galego, é requerido para acceder a formación reglada e ocupacional, para postos de traballo na administración pública e para algunhas empresas que tamén o poden requerir como competencia de base.

En que consisten as probas?

As probas avalían os diferentes niveis de competencia lingüística, tanto a nivel escrito como oral.

Cando e onde se realizan as probas?

Pódese escoller entre Santiago de Compostela (niveis 1, 2, 3 e4) e Ponferrada (niveis 2, 3 e 4)para realizar as probas, que terán lugar nas seguintes datas : Celga 4: 26 de maio de 2018. Celga 2: 27 de maio de 2018. Celga 3: 2 de xuño de 2018. Celga 1: 3 de xuño de 2018.

Como se realiza a inscrición?

A inscrición realizarase preferentemente a través da sede electrónica da Xunta, cubrindo o impreso ED114A e aboando a taxa de 15,93 euros.

Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

 

Consulta toda a información sobre a convocatoria no enlace á publicación oficial https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2018/20180313/AnuncioG0164-070318-0001_gl.pdf

E se precisas asesoramento en temas de formación ou traballo recorda que podes solicitar unha cita no Servizo de Orientación Laboral.