ORDE do 9 de marzo de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para o apoio aos investimentos nas explotacións agrícolas, para a creación de empresas para os agricultores mozos, e para a creación de empresas para o desenvolvemento de pequenas explotacións, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020, e se convocan para o ano 2018.

Liñas de axuda incluídas no Programa de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020, en réxime de concorrencia competitiva:

  1. a) Medida 4. Investimentos en activos físicos.

– Submedida 4.1. Apoio aos investimentos nas explotacións agrícolas (plans de mellora nas explotacións agrarias, procedemento MR405A).

  1. b) Medida 6. Desenvolvemento de explotacións agrícolas e empresariais.

– Submedida 6.1. Creación de empresas para os agricultores mozos (procedemento MR404A).

– Submedida 6.3. Creación de empresas para o desenvolvemento de pequenas explotacións (procedemento MR405B).

Requisitos dos beneficiarios

Ademais dos requisitos específicos establecidos para cada beneficiario segundo o tipo de axuda que solicite, todos deben:

  1. Cumprir a condición de agricultor activo no momento da solicitude. No caso de agricultores mozos, esta condición deberase cumprir dentro dos 18 meses seguintes á concesión da axuda.

Este requisito non será aplicable aos beneficiarios da submedida 6.3.

  1. Dispoñer dunha contabilidade específica Feader ou dun código contable específico, no cal deben estar incluídos os gastos declarados para esta axuda.

Prazo de solicitude da axuda

O prazo de presentación de solicitudes rematará o 17 de abril de 2018.

Creación de empresas para os agricultores mozos

Requisitos

  1. a) Ser agricultor mozo.
  2. b) Cumprir a condición de agricultor profesional.
  3. c) Posuír o nivel de capacitación profesional suficiente no momento da solicitude da axuda, segundo se establece no Decreto 200/2012, polo que se regula o Rexistro de Explotacións Agrarias de Galicia ou comprometerse a adquirilo nun prazo improrrogable de 36 meses desde a concesión da axuda.
  4. d) A explotación na que se produce a instalación debe alcanzar, cando finalice o seu plan empresarial, unha renda unitaria de traballo igual ou superior ao 35 % da renda de referencia anual e inferior ao 120 % desta.
  5. e) Instalarse nunha explotación que alcance a dimensión física mínima establecida no anexo V.
  6. f) Presentar un plan empresarial de acordo co anexo V.
  7. g) Exercer o control efectivo da explotación.
  8. h) Non procederán estas axudas se o proceso de instalación está rematado antes da solicitude de axuda.

Así mesmo, deberán:

  1. a) Comprometerse por escrito a exercer a actividade agraria durante cinco anos, contados desde a instalación.
  2. b) Cumprir as normas mínimas en materia de ambiente, hixiene e benestar dos animais, de conformidade coa normativa comunitaria e nacional, coa propia orde e co programa de desenvolvemento rural de Galicia aprobado pola Unión Europea, coa execución do plan empresarial.
  3. c) Comprometerse a ter contratado, e a manter durante todo o período de compromisos, un seguro agrario pertencente ao Plan de seguros agrarios combinados do Ministerio de Agricultura e Pesca, Alimentación e Medio Ambiente, excepto a liña Seguro de retirada e destrución de animais mortos na explotación.

Apoio aos investimentos nas explotacións agrícolas

Requisitos

  1. Ser titular dunha explotación agraria inscrita, polo menos cunha antigüidade dun ano, no Rexistro de Explotacións Agrarias de Galicia, de acordo co Decreto 200/2012, do 4 de outubro, polo que se regula o Rexistro de Explotacións Agrarias de Galicia, excepto para os mozos que se instalen nunha explotación de nova creación.
  2. Os solicitantes persoas físicas deberán ter dezaoito anos cumpridos e non ter alcanzado a xubilación.
  3. Posuír a capacitación profesional suficiente no momento da solicitude, o cal se acreditará segundo se establece no Decreto 200/2012, polo que se regula o Rexistro de Explotacións Agrarias de Galicia, agás no caso de primeira instalación simultánea. As persoas xurídicas deberán acreditar que, polo menos, o 50 % dos socios posúen a capacitación suficiente.
  4. Comprometerse a exercer a actividade agraria na explotación obxecto da axuda durante, polo menos, cinco anos contados desde a data de pagamento da axuda.
  5. Levar a cabo un plan que mellore o rendemento global da explotación.
  6. Cumprir as normas mínimas en materia de ambiente, hixiene e benestar dos animais, de conformidade coa normativa comunitaria e nacional, coa propia orde e co programa de desenvolvemento rural de Galicia aprobado pola Unión Europea.
  7. Cando a explotación pertenza a unha comunidade de bens, estas deberán acreditar a súa constitución e que, polo menos, o 50 % dos comuneiros ou comuneiras reúnen os requisitos establecidos para os titulares persoas físicas, e poderán resultar beneficiarias da axuda, coa condición de que cumpran as exixencias previstas para estas agrupacións no artigo 8.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
  8. A Renda Unitaria de Traballo, no momento de realizar a solicitude, debe ser igual ou superior ao 35 % da renda de referencia. Agás que se trate dun plan de mellora dun agricultor/a mozo/a que presente simultaneamente unha primeira instalación.
  9. Non ter ningún expediente desta axuda aprobado, en convocatorias anteriores (PDR 2007-2013 e PDR 2017-2020), sen presentar a súa solicitude de pagamento á data de publicación desta orde.
  10. Serán denegadas todas aquelas solicitudes nas que a explotación non requira un volume de traballo equivalente, como mínimo, a unha unidade de traballo agrario, e non alcance a dimensión física mínima establecida no anexo V.

Creación de empresas para o desenvolvemento de pequenas explotacións

Requisitos

  1. a) Ser titular dunha pequena explotación agraria inscrita, con polo menos unha antigüidade dun ano desde a data de publicación da orde, no Rexistro de Explotacións Agrarias de Galicia.
  2. b) Residir na comarca onde radique a explotación ou nunha comarca limítrofe.
  3. c) Que o volume de traballo necesario para o mantemento da explotación sexa realizado polo titular da explotación, para o que será necesario que non realice outra actividade a tempo completo, ou que xustifique a contratación de polo menos a metade dunha unidade de traballo agrario. Esta cantidade de traballo agrario manterase durante os cinco anos posteriores ao pagamento final da axuda, xunto co resto de compromisos que adquire o beneficiario da axuda.
  4. d) Presentar un plan empresarial que mostre a viabilidade da iniciativa.
  5. e) Cumprir as normas mínimas en materia de ambiente, hixiene e benestar dos animais, de conformidade coa normativa comunitaria e nacional, coa propia orde e co Programa de desenvolvemento rural de Galicia aprobado pola Unión Europea.
  6. f) A explotación non pode ter sido beneficiaria por esta mesma submedida en convocatorias anteriores.

Axente de emprego e desenvolvemento local. Galerías Puertas de Madrid, local 19. Rúa da Muralla s/n. Oficina de servizos sociais da mancomunidade de

 

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2018/20180316/AnuncioG0426-020318-0004_gl.html