O  4 de Abril, celebrouse o acto de clausura do Obradoiro de Emprego Mocidade da Mancomunidade de Verín II, promovido pola Mancomunidade de Municipios da Comarca de Verín e subvencionado pola consellería de Economía, Emprego e Industria e o Fondo Social Europeo.

 

Durante o ano 2017 e 2018 tivo lugar este obradoiro destinado á xuventude no que participaron 14 mozos e mozas e tiveron a oportunidade de especializarse en dúas áreas, diseño de páxinas web de procura de emprego e dinamización de actividades de tempo libre educativo, ambos certificados de profesionalidade de nivel 2.

O acto acudiron, José Luis Suárez Martínez o presidente da entidade, os alcaldes e alcaldesa representantes dos diferentes concellos que integran a Mancomunidade e Santiago Álvarez, o Xefe Territorial da Consellería de Economía Emprego e Indústria.

Poñemos fin a este proxecto de formación e emprego para a xuventude, agradecendo o gran traballo que realizou esta mocidade na nosa comunidade e desexándolles moita sorte na súa vida profesional.