ORDE do 27 de marzo de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras dun programa a prol da contratación e formación das persoas mozas, e se procede á súa convocatoria para o ano 2018 (código de procedemento TR349T).

Este programa ten a finalidade de facilitar a inserción laboral das persoas mozas menores de 30 anos desempregadas que presentan desvantaxes e dificultades particulares para permanecer no mercado de traballo, e favorecer o emprego estable e facilitar a empregabilidade e ocupabilidade.

Por medio desta convocatoria as empresas terán a posibilidade de obter axudas para a contratación e formación por conta allea (procedemento TR349T).

Inclúense dous tipos de axuda compatibles:

  1. a) Bono de contratación, por medio do cal se proporcionará unha subvención para os contratos cunha duración mínima de doce meses das persoas desempregadas mozas menores de 30 anos.
  2. b) Bono de formación (opcional), dirixido ás persoas contratadas por medio desta orde, para levar a cabo accións formativas que melloren os seus coñecementos e habilidades relacionados co posto de traballo.

O prazo xeral para a presentación das solicitudes rematará o 30 de setembro de 2018.

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2018/20180413/AnuncioG0424-020418-0006_gl.html