AXUDAS PARA AMPLIAR A REDUCIÓN DAS COTAS DA SEGURIDADE SOCIAL
15/05/2018
AXUDAS ENMARCADAS NO PROGRAMA INICIATIVA XOVE
16/05/2018
Amosalo todo

SUBVENCIÓN DESTINADAS Á CONTRATACIÓN DE PERSOAS MOZAS INSCRITAS NO SISTEMA NACIONAL DE GARANTÍA XUVENIL

ORDE do 2 de maio de 2018 pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión de subvencións destinadas á contratación de persoas mozas inscritas no Sistema nacional de garantía xuvenil, a través do Programa de cooperación coas entidades sen ánimo de lucro, e se procede á súa convocatoria para o ano 2018.

Esta convocatoria ten por obxecto o financiamento de accións de fomento de emprego en colaboración coas entidades sen ánimo de lucro, a través da contratación durante sete meses de persoas mozas incluídas e que consten como beneficiarias no ficheiro do Sistema nacional de garantía xuvenil, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, co obxecto de proporcionarlles unha experiencia e práctica profesional que facilite a súa inserción laboral (código do procedemento TR352C).

Esta convocatoria ten por finalidade mellorar a empregabilidade e a inserción profesional das persoas que non estivesen traballando nin participando en actuacións educativas ou formativas no día natural anterior ao momento de recibir a actuación, maiores de dezaoito e menores de trinta anos, incluídas e beneficiarias no ficheiro do Sistema nacional de garantía xuvenil, mediante a prestación de servizos de interese xeral e social que posibiliten ás persoas participantes a realización dun traballo efectivo que procure a práctica profesional necesaria para a integración sustentable no mercado de traballo.

O prazo para a presentación de solicitudes rematará o 18 de xuño de 2018.

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2018/20180515/AnuncioG0424-040518-0001_gl.html