AXUDAS ENMARCADAS NO PROGRAMA INICIATIVA XOVE
16/05/2018
Bases de contratación para o posto de Traballador/a social na Mancomunidade de Verín
22/05/2018
Amosalo todo

AXUDAS PARA A CONCILIACIÓN POR MATERNIDADE OU PATERNIDADE DA PERSOA TRABALLADORA

ORDE do 27 de abril de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras que rexerán as axudas para a conciliación por maternidade ou paternidade da persoa traballadora autónoma, e se procede á súa convocatoria para o ano 2018 (código de procedemento TR341R).

Estas bases teñen por obxecto fixar os criterios e requisitos para a concesión de axudas a persoas traballadoras por conta propia ou autónomas que, unha vez finalizada a súa baixa por maternidade ou paternidade, contraten unha persoa para ampliar a súa conciliación da vida familiar e laboral.

Mediante a presente axuda permitirase que a persoa traballadora por conta propia obteña unha compensación durante 16 semanas máis para a contratación dunha persoa, para favorecer a conciliación da súa vida persoal e laboral e facilitar a continuidade do seu proxecto empresarial.

Acción subvencionable e importe da subvención

  1. Será subvencionable a contratación realizada por unha persoa traballadora autónoma, unha vez rematada a súa baixa por maternidade ou paternidade, sempre que a persoa beneficiaria cumpra os requisitos establecidos na presente orde.
  2. Serán subvencionables as contratacións que, cumprindo cos requisitos enumerados no parágrafo anterior, se realicen entre o 1 de novembro de 2017 e o 30 de setembro de 2018.
  3. O importe da subvención para compensar esta contratación será do 100 % da cota empresarial da Seguridade Social, incluída a de accidentes de traballo e enfermidades profesionais correspondente á persoa contratada durante un máximo de 16 semanas.

Persoas e entidades beneficiarias

  1. Poderán ser beneficiarias destas subvencións as persoas traballadoras que estean dadas de alta no réxime especial da Seguridade Social de persoas traballadoras por conta propia ou autónomos que, segundo o anexo I, teñan o seu centro de traballo (ou domicilio social, no caso de carecer deste) na Comunidade Autónoma de Galicia, que gozasen dunha baixa por maternidade ou paternidade e que, no prazo dos 15 días seguintes ao da súa finalización, contraten unha persoa traballadora por conta allea.
  2. Tamén serán beneficiarias as sociedades que realicen unha contratación nas mesmas condicións que no parágrafo anterior con respecto aos autónomos societarios

Requisitos e obrigas das persoas beneficiarias

  1. Para ter dereito á subvención, previamente a persoa traballadora autónoma debe ter estado de baixa por maternidade ou paternidade.
  2. No prazo dos 15 días naturais seguintes ao da finalización da baixa por maternidade ou paternidade débese realizar un contrato de calquera modalidade.
  3. Estar ao día nas obrigas tributarias coa Administración do Estado e coa Comunidade Autónoma de Galicia, así como coa Seguridade Social.
  4. Realizar a súa actividade na Comunidade Autónoma de Galicia.
  5. Cumprir as obrigas establecidas no artigo 11 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
  6. A persoa beneficiaria estará obrigada a comunicar, de xeito inmediato, calquera variación ou extinción das condicións que lle deron dereito a percibir estas axudas.
  7. Facilitar toda a información que lle sexa requirida pola Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, polo Tribunal de Contas e polo Consello de Contas no exercicio das súas funcións de fiscalización e control de destino das subvencións.

 

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2018/20180515/AnuncioG0424-020518-0002_gl.html