ORDE do 7 de xuño de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras do Programa de remuda xeracional nos negocios das persoas traballadoras autónomas, e se procede á súa convocatoria para o ano 2018 (código de procedemento TR341S).

Subvencións

  1. A persoa transmisora e a persoa adquirente terán unha axuda consistente no pagamento do 100 % dos gastos de asesoramento cun límite de 1.000 € para a persoa transmisora e de 1.500 € para o adquirente.

No caso de que o negocio teña varias persoas donas a axuda consistirá no pagamento do 100 % dos gastos de asesoramento cun límite de 1.000 € por negocio. Se o negocio ten varias persoas adquirentes para explotalo conxuntamente a axuda será de 1.500 € por negocio.

Na solicitude deberá indicar se solicita a axuda como persoa transmitinte do negocio ou como persoa adquirente do negocio.

  1. O asesoramento poderá ser efectuado por empresas, entidades ou profesionais adicados ao asesoramento e polas asociacións de traballadores autónomos.

O prazo de presentación de solicitudes rematará o 30 de setembro de 2018.

 

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2018/20180621/AnuncioG0424-080618-0002_gl.html