PROGRAMA EMEGA
16/07/2018
2ª CONVOCATORIA. PROGRAMA DE INCENTIVOS Á FORMACIÓN DE PERSOAS TRABALLADORAS CUPADAS EN SECTORES ESTRATÉXICOS
16/07/2018
Amosalo todo

2ª CONVOCATORIA. SUBVENCIÓNS PARA O FINANCIAMENTO DAS ACCIÓNS FORMATIVAS CON COMPROMISO DE CONTRATACIÓN EN UNIDADES FORMATIVAS DAS EMPRESAS E DOS INCENTIVOS Á CONTRATACIÓN

ORDE do 26 de xuño de 2018 pola que se procede á segunda convocatoria das subvencións para o financiamento das accións formativas con compromiso de contratación en unidades formativas das empresas (código de procedemento TR301P).

ORDE do 31 de decembro de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras e se procede á primeira convocatoria das subvencións para o financiamento das accións formativas con compromiso de contratación en unidades formativas das empresas e dos incentivos á contratación (códigos de procedemento TR301P).

Programa de financiamento de accións formativas con compromiso de contratación inmediata

Accións subvencionables e requisitos

  1. Serán subvencionables ao abeiro deste programa, e nos termos do artigo 28 do Real decreto 694/2017, do 3 de xullo, polo que se desenvolve a Lei 30/2015, do 9 de setembro, pola que se regula o Sistema de formación profesional para o emprego no ámbito laboral, as accións formativas para o emprego con compromiso de contratación que garden relación coa actividade empresarial das entidades solicitantes, dirixidas a persoas traballadoras desempregadas inscritas como demandantes de emprego no Servizo Público de Emprego de Galicia e que inclúan o compromiso de contratación na Comunidade Autónoma de Galicia nalgunha das modalidades enunciadas no capítulo III dun mínimo do 40 % do alumnado formado, por un período mínimo de seis meses a xornada completa, ou 9 meses no caso de que a contratación sexa a tempo parcial. Neste último caso, o mínimo da xornada será do 50 % da correspondente a unha persoa traballadora a tempo completo comparable. No suposto de se subscribir un contrato para a formación e a aprendizaxe, a xornada de traballo será a tempo completo e a duración mínima do contrato será de 12 meses.

Nos compromisos de contratación deberá figurar información relativa a: necesidades formativas e postos de traballo que se pretenden cubrir; proceso selectivo previo á formación, de ser o caso; perfís das persoas que se pretende contratar; número de persoas que se comprometen a contratar; tipo de contrato laboral para cada unha das ditas persoas, con detalle da duración prevista en cada caso, centro de traballo, ademais do número de persoas empregadas no cadro laboral da empresa ou entidade contratante na data de publicación da convocatoria.

No momento da selección deberá ser informado o alumnado de todos e cada un dos aspectos referidos no parágrafo anterior.

No compromiso de contratación deberase outorgar prioridade ao alumnado formado que superase a acción formativa.

Os contratos laborais en que se plasme o compromiso de contratación, de conformidade co último parágrafo do número 4 do artigo 28 do Real decreto 694/2017, poderanse beneficiar dos incentivos ou beneficios na cotización á Seguridade Social ou doutro tipo de axudas que puidesen corresponder polo mesmo contrato, de conformidade coa normativa que regule os tales incentivos ou beneficios.

  1. Só poderán acudir a este procedemento aquelas empresas e entidades que cumpran os requisitos do artigo 4 desta orde e do resto da normativa aplicable, en concreto a normativa de subvencións e a que regula o sistema de formación profesional para o emprego no ámbito laboral.
  2. Ademais da acreditación dos requisitos formais exixidos para o compromiso de contratación inmediata nesta orde e no resto da normativa aplicable, o órgano competente da Consellería de Economía, Emprego e Industria poderá facer as indagacións e comprobacións necesarias e solicitar da entidade solicitante ou dos organismos públicos competentes a documentación que considere adecuada para garantir a viabilidade da acción formativa, en concreto o grao de cumprimento de contratación e mantemento do emprego en proxectos formativos impartidos anteriormente, de ser o caso, balances da empresa e documentación da Seguridade Social.

 

O prazo para a presentación de solicitudes rematará o 6 de agosto de 2018.

 

https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=TR301P

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2018/20180704/AnuncioG0424-260618-0005_gl.html