A Consellería de Economia, Emprego e Industria organiza o II Encontro Autónom@s  Galicia 2018, que terá lugar o vindeiro 18 de xullo no edificio CINC da Cidade da Cultura, en Santiago de Compostela.

O obxectivo deste novo encontro é seguir a avanzar no recoñecemento do emprego autónomo, presentando novas experiencias e perspectivas para afondar no seu camiño cara a excelencia para esta fórmula profesional de gran relevancia para a nosa economía.

oficinadoautonomo.gal/sites/default/files/autonomos_programa_digital_af.pdf

oficinadoautonomo.gal/gl/content/formulario-ii-encontro-autonomos