O clúster das empresas de automoción de Galicia (Ceaga) organiza, co apoio do Igape e contando con financiamento do Fondo Social Europeo (FSE), a terceira edición do curso “O directivo 4.0“, que ten como obxectivos principais os de achegar estratexia, coñecemento e experiencia ao proceso de tranformación dixital das empresas galegas.

O prazo de presentación de solicitudes para participar neste curso, que se desenvolverá durante os próximos meses de setembro e outubro, rematará o 31 deste mes de xullo.

 

http://www.ceaga.com/convocatorias_UCC/septiembre2018/convocatorias/Convocatoria_Directivo%204.0%203ªEd..pdf