A Asociación de empresarios da primeira transformación da madeira de Lugo organiza dous obradoiros de dixitalización Industria 4.0 sobre a “Automatización dos procesos de certificación de xestión forestal e cadea de custodia baixo os sistemas FSC e PEFC”.

O primeiro destes obradoiros desenvolverase o próximo venres 27 de xullo, na sede da CEL (Praza de Santo Domingo 6-8), mentres que o segundo terá lugar o 31 de agosto. Estas actividades desenvólvense ao abeiro do programa de axudas a Obradorios de dixitalización Industria 4.0 que promove e financia o Igape.

Nestes obradoiros de dixitalización Industria 4.0 pode participar calquera empresa que forme parte ou desexe incorporarse á cadea de valor do sector da madeira en Galicia.

http://www.igape.es/es/xornadas