AXUDAS PARA A POSTA EN MARCHA DE CASAS NIÑO
01/08/2018
SUBVENCIÓNS DE VALORIZACIÓN DAS PEMES DA INDUSTRIA FORESTAL GALEGA
07/08/2018
Amosalo todo

AXUDAS PARA O APOIO AOS INVESTIMENTOS NAS EXPLOTACIÓNS AGRICOLAS ESPECIALIZADAS EN PRODUCCIÓN VEXETAL

ORDE do 23 de xullo de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para o apoio aos investimentos nas explotacións agrícolas especializadas en produción vexetal, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020, e se convocan para o ano 2018 (procedemento MR419A).

Beneficiarios

Poderán acollerse a estas axudas os titulares de explotacións agrícolas, entendendo como tales aqueles que exercen a actividade agraria organizando os bens e dereitos integrantes da explotación con criterios empresariais e asumindo os riscos e responsabilidades civil, social e fiscal que poidan derivar da xestión da explotación, inscritos no Reaga con orientación técnico-económica principal en:

  1. Horticultura ao aire libre:
  2. a) Hortalizas ao aire libre.
  3. b) Flores e plantas ornamentais ao aire libre.
  4. c) Cultivos mixtos ao aire libre.
  5. Horticultura en invernadoiro:
  6. a) Hortalizas en invernadoiro.
  7. b) Flores e plantas ornamentais en invernadoiro.
  8. c) Cultivos mixtos en invernadoiro.
  9. Horticultura e cultivos diversos:
  10. a) Cogomelos, champiñóns e outros fungos cultivados.
  11. b) Viveiros vitícolas.
  12. c) Viveiros de árbores e arbustos froiteiros (agás castiñeiros e nogueiras).
  13. d) Viveiros de planta ornamental.
  14. Cultivos leñosos:
  15. a) Froiteiras (agás castiñeiros e nogueiras).
  16. b) Oliveiral.
  17. Sementes e plántula de hortalizas.
  18. Pataca.

Requisitos xerais dos beneficiarios

  1. Ser titular, na data da solicitude da axuda, dunha explotación agraria inscrita no Reaga, de acordo co Decreto 200/2012, do 4 de outubro, polo que se regula o Rexistro de Explotacións Agrarias de Galicia, con algunha das orientacións técnico-económicas principales indicadas no artigo 3.
  2. Ter declarados ingresos agrarios, agás aquelas explotacións que aínda non entraron en fase de produción.
  3. Comprometerse a exercer a actividade agraria na explotación obxecto da axuda durante, polo menos, cinco anos contados desde a data de pagamento da axuda.
  4. Os solicitantes persoas físicas deberán ter dezaoito anos feitos e non ter alcanzado a idade xubilación.
  5. Posuír a capacitación profesional suficiente no momento da solicitude, o cal se acreditará segundo se establece no Decreto 200/2012, agás no caso de primeira instalación. As persoas xurídicas deberán acreditar que, polo menos, o 50 % das persoas socias posúen a capacitación suficiente.
  6. Cumprir a condición de agricultor activo no momento da solicitude.
  7. Dispoñer dunha contabilidade específica Feader ou dun código contable específico, no cal deben estar incluídos os gastos declarados para esta axuda.
  8. A renda unitaria de traballo, no momento de realizar a solicitude, debe ser igual ou superior ao 35 % da renda de referencia.
  9. O volume de traballo necesario para o mantemento da explotación debe ser, como mínimo, dunha UTA.
  10. Cumprir cos requisitos establecidos nos artigos 13 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, e 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

 

O prazo de presentación de solicitudes rematará o 7 de setembro de 2018.

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2018/20180806/AnuncioG0426-230718-0003_gl.html