RESOLUCIÓN do 16 de xullo de 2018 pola que se aproban as bases reguladoras das subvencións de valorización das pequenas e medianas empresas da industria forestal galega e se anuncia a súa convocatoria para o ano 2018 (código de procedemento IN500B).

Persoas beneficiarias

Poderán ser persoas beneficiarias as microempresas, pequenas e medianas empresas (peme) do sector da industria radicadas en Galicia que utilicen a madeira, a resina, a cortiza ou outros produtos forestais procedentes do monte, exceptuando os produtos agroalimentarios, como materia prima para a elaboración dos seus produtos.

Requisitos:

  1. a) Deberán cumprir a normativa ambiental, que se acreditará cunha declaración responsable da persoa solicitante de que a empresa cumpre coa dita normativa.
  2. b) Deberán ter un seguro en vigor de responsabilidade civil para a actividade obxecto de axuda e un contrato de prevención de riscos laborais antes da finalización do prazo de presentación de solicitudes.
  3. c) Deberán estar inscritos no Rexistro de empresas do sector forestal (Resfor) e cos datos actualizados, de acordo co artigo 102 da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia ou dados de alta nalgún código CNAE que acredite a realización de actividades obxecto de subvención na data da fin do prazo de solicitude.

Proxectos subvencionables

  1. Nos termos desta resolución, serán subvencionables os proxectos de investimento realizados por pequenas e medianas empresas nos seus procesos de produción e que teñan como obxectivo aumentar a competitividade mediante procesos produtivos ou técnicas que permitan obter novos produtos ou produtos valorizados favorecendo a minoración do impacto ambiental.
  2. As empresas solicitantes poderán presentar, como máximo, un proxecto ao abeiro desta resolución.

 

O prazo de presentación de solicitudes rematará o 10 de setembro de 2018.

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2018/20180807/AnuncioG0520-260718-0001_gl.html