SUBVENCIÓNS DE VALORIZACIÓN DAS PEMES DA INDUSTRIA FORESTAL GALEGA
07/08/2018
PROGRAMA DE APOIO AO ACCESO AO FINANCIAMENTO OPERATIVO DAS PEMES
14/08/2018
Amosalo todo

AXUDAS PARA FOMENTAR O EMPREGO DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE OU EN SITUACIÓN DE EXCLUSIÓN SOCIAL

ORDE do 20 de xullo de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras e se convocan para o ano 2018 axudas para fomentar o emprego das persoas con discapacidade ou en situación ou risco de exclusión social no mercado ordinario de traballo, mediante os programas de emprego con apoio e de incentivos á contratación a tempo parcial e á formación.

A orde estrutúrase en dous programas:

  1. Programa de emprego con apoio (procedemento TR341L), que consiste nun conxunto de actividades de orientación e acompañamento individualizado que prestan, no propio posto de traballo, preparadores laborais especializados ás persoas traballadoras con discapacidade ou en situación ou risco de exclusión social, con especiais dificultades de inserción laboral e que realizan a súa actividade en empresas normalizadas, do mercado ordinario de traballo, en condicións similares ao resto dos traballadores que desempeñan postos de iguais características.
  2. Programa de incentivos á contratación a tempo parcial, por conta allea, e á formación das persoas traballadoras con discapacidade ou en situación ou risco de exclusión social nas empresas ordinarias coa finalidade de fomentar e favorecer a súa integración laboral no sistema ordinario de traballo (procedemento TR341O). Por medio deste programa as empresas que soliciten a subvención terán a posibilidade de obter dous tipos de axuda compatibles: un bono de contratación tempo parcial e un bono de formación.

O procedemento de concesión das axudas e subvencións desta orde será en concorrencia non competitiva.

Programa de incentivos á contratación a tempo parcial e á formación (TR341U)

Inclúense dous tipos de axuda compatibles:

  1. a) Bono de contratación, por medio do cal se proporcionará unha subvención para a contratación por conta allea cunha duración inicial mínima de seis meses e xornada a tempo parcial das persoas con discapacidade ou en situación de risco ou exclusión social.
  2. b) Bono de formación (opcional) dirixido ás persoas contratadas por medio desta orde, para levar a cabo accións formativas que melloren os seus coñecementos e habilidades relacionados co posto de traballo.

Prazo de solicitudes

As solicitudes dos bonos de contratación e formación polas contratacións subvencionables realizadas entre o 1 de outubro de 2017 e a data de publicación desta orde deberán presentarse no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación.

As solicitudes dos bonos de contratación e formación polas contratacións subvencionables realizadas desde a entrada en vigor desta orde deberán presentarse no prazo dun mes desde a data en que se inicie a relación laboral pola cal se solicita a axuda.

O prazo para presentar as solicitudes rematará o 15 de outubro de 2018, aínda que nesa data non transcorrese o prazo sinalado no parágrafo anterior. Se o último día do prazo é inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte.

 

As axudas quedan sometidas ao réxime de minimis.

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2018/20180810/AnuncioG0424-300718-0001_gl.html