O Obradoiro de emprego “ Mocidade da Mancomunidade de Verín III”, cofinanciado pola Iniciativa de Emprego Xuvenil e o Fondo Social Europeo, trátase dun programa de formación e emprego de 6 meses de duración no que 15 mozos e mozas da nosa comarca terán a oportunidade de aprender unha profesión e de adquirir experiencia laboral coa finalidade de mellorar a súa empregabilidade. O 29 de setembro de 2018 tivo comezo este programa, contando con dúas especialidades formativas: Auxiliar en atención socio-educativa de menores e Axuda no Fogar. Ambas especialidades formativas contan co certificado de profesionalidade correspondente permitindo acceso ó mercado laboral en sectores demandados, tanto na nosa provincia de Ourense coma na comunidade autónoma de Galicia.